"Éride" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
ILLAS
Conxunto de illas coñecidas no mundo antigo pola abundancia de estaño e chumbo. Xa se dubidaba da súa localización desde a Antigüidade. Para algúns autores modernos, as Casitérides serían as illas Oestrymides ou Estrimidas das que fala Avieno e localizaríanse nas illas da Bretaña francesa e do sur de Inglaterra, áreas sen dúbida ricas en estaño. Non obstante , para outros autores contemporáneos estas, seguindo un texto de Estrabón, serían as illas da costa galega: Arousa, O Grove, transformado logo en península do mesmo modo que A Coruña, Sálvora, Ons, Cortegada, Sisarga e mais as tres illas que compoñen o arquipélago das Cíes. Non obstante, as descubertas arqueolóxicas non confirman esta identificación, xa que en ningunha desta illas se teñen atopado restos de explotación de estaño ou chumbo, nin os posibles portos onde se embarcaría. Estrabón tamén dicía que os seus habitantes eran homes que vestían túnicas negras ata os pés e que vivían da cría do gando e da explotación das minas para...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Trala invasión da área turcochipiotra da illa polo exército turco, foi nomeado presidente en funcións (23.7.1974-7.12.1974). En 1975 asinou, en nome da comunidade grecochipriota, o Terceiro Acordo de Viena polo que se comprometía unha solución pacífica para resolver o conflito divisorio interno. Membro da conservadora Agrupación Democrática (DISY), foi elixido presidente de Chipre en 1993, cargo que renovou nas eleccións de 1998.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Acontecemento notable que se recorda en calquera aniversario do mesmo.
-
Conmemoración deste aniversario.
-
-
-
Libros ou memorias que se empregaban na Antigüidade para rexistrar día a día os acontecementos da vida dun personaxe.
-
Relación en que se recollían todos os feitos acaecidos un día determinado en diferentes épocas.
-
-
-
Almanaque que recolle todos os datos astronómicos.
-
Conxunto de táboas en que se indican as distintas disposicións que ocupan cada día no firmamento certos astros móbiles durante un intervalo de tempo que adoita ser dun ano. Estas táboas adoitan sinalar as posicións do Sol, da Lúa e dos principais planetas. Tamén inclúen as horas de saída e de posta das estrelas máis importantes, e datas sobre as eclipses de Sol e de Lúa.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personificación da Discordia. Xeralmente considérase irmá de Ares, inda que Hesíodo a coloca entre as forzas primarias na xeración da Noite (Nix). Adoita representarse como un xenio feminino alado semellante ás Erinias. Durante a celebración da voda de Tetis e Peleo, foi a encargada de guindar a “mazá da discordia” destinada á máis fermosa das divindades: Atenea, Hera e Afrodita, que finalmente París lle outorgaría a esta última.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ninfas do Ocaso da mitoloxía grega. Na teogonía hesiódica, son fillas da Noite, e máis tarde de Zeus e Temis, Forcis e Zeto ou de Atlante. Adoitan citarse tres, que son Egle, Eritia e Hesperaretusa. Habitan no Occidente, na “illa dos benaventurados”, ao pé do monte Atlas. Coa axuda dun dragón custodiaban, nun fermoso xardín, a árbore das mazás de ouro, regalo que a Terra lle fixera a Hera co gallo da voda de Zeus, símbolo da fecundidade e do amor. Cantan a coro, a carón das fontes que manan ambrosía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buque de investigación oceanográfica. Ten unha eslora total de 82,5 m e unha manga máxima na cuberta principal de 14,3 m. A distancia da cuberta principal á quilla é de 7,35 m. A súa velocidade máxima é de 15 nós e a de cruceiro entre 12 e 13 nós. Pode navegar entre xeos de 40 cm de espesor a unha velocidade de 5 nós. Presenta unha autonomía de 12.000 millas náuticas e un desprazamento de 2.666 t. A súa dotación compóñena 58 tripulantes e os camarotes permítenlle acoller ata 29 científicos. O feito de incorporar as últimas tecnoloxías e xunto co seu deseño, fai que estea considerado polos especialistas coma un dos mellores buques oceanográficos do mundo. Desde a súa innauguración permitiu abordar investigaciones científicas nos eidos da oceanografía física, da bioloxía mariña, da xeofísica e da xeoloxía mariña, ademáis de realizar un labor fundamental no apoio loxístico e científico das bases antárticas españolas. Así, en xaneiro de 1988 inaugurouse a base antártica española Juan Carlos...
-
PERSOEIRO
Orador e político. Discípulo de Isócrates e Platón, defendeu a demócracia e o nacionalismo antimacedonio. Liderou a revolta dos tebanos e os atenienses contra Alexandre o Grande, pero tralo seu fracaso (323 a C) fuxiu a Exina onde foi capturado e axusticiado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
parodontite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tecidos secundarios que substitúen a epiderme no talo e na raíz. Consta, de fóra a dentro, de súber, felóxeno e felodermo.