Hespérides
Hespérides
[MIT]
Ninfas do Ocaso da mitoloxía grega. Na teogonía hesiódica, son fillas da Noite, e máis tarde de Zeus e Temis, Forcis e Zeto ou de Atlante. Adoitan citarse tres, que son Egle, Eritia e Hesperaretusa. Habitan no Occidente, na “illa dos benaventurados”, ao pé do monte Atlas. Coa axuda dun dragón custodiaban, nun fermoso xardín, a árbore das mazás de ouro, regalo que a Terra lle fixera a Hera co gallo da voda de Zeus, símbolo da fecundidade e do amor. Cantan a coro, a carón das fontes que manan ambrosía.