"ágar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 159.

  • Diminuír ou perder a forza algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Betanzos. Da mesma familia é Adagueiro. As súas armas levan, sobre campo de prata, un escudo oval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratar de afectar agradablemente a alguén con demostracións de afecto, de reverencia ou semellantes por interese propio.

    2. Alentar en alguén o orgullo, a vaidade ou outras calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Este nome procede etimoloxicamente do hebreo Hagar ‘fuga, fuxitiva’, adaptado ao grego e ao latín como Agar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega do que se descoñece a súa casa orixinaria. As súas armas levan, en campo de goles, unha roseta de espora de prata; o xefe cosido de azur e cargado dunha cruz de ouro cos extremos rematados en boliñas. Outra variante trae, en campo de prata, tres pólas de videira, das que penduran cadanseus acios, todo da súa cor, colocado en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo o libro da Xénese, escrava exipcia de Sarai, muller de Abrahán. Sarai, debido á súa esterilidade, deixoulla como concubina a Abraham para que lle dese descendencia. Desta relación naceu Ismael. Máis tarde, cando Sarai tivo un fillo, Isaac, persuadiu a Abrahán para que expulsase a Agar e a Ismael da Terra Prometida. Os árabes considéranse descendentes de Ismael (ismaelitas) e de Agar (agarenos). Así mesmo, teñen a Agar como a verdadeira muller de Abraham e supoñen que habitou na Meca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Despois de adestrarse na Compañía de Gardas Mariñas do Departamento de Cádiz, embarcou no navío Santo Domingo iniciando, así, a súa carreira marítima. Foi alférez e tenente de fragata e de navío. Participou no bloqueo a Gibraltar. Formou parte do corpo de Enxeñeiros da Armada no Departamento de Ferrol e ascendeu a director das Compañías de Gardas Mariñas de Ferrol, Cádiz e Cartagena. En 1810 ocupou o cargo de membro do Consello de Rexencia polas Cortes Xerais Extraordinarias pero cinco anos despois foi detido por orde do Xeneral Erguía xunto a outros membros do Consello de Rexencia. Despois de permanecer no desterro santiagués, fíxose cargo da xefatura galega do pronunciamento do Xeneral Riego e creou na Coruña a Xunta Provisional do Goberno de Galicia. Finalmente, renuncia ao seu cargo de Capitán Xeneral para ocupar unha praza no Consello de Estado en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polisacárido mucilaxinoso que se extrae dalgunhas algas vermellas. O seu uso dátase hai máis de mil anos no Xapón, pero non se empezou a producir en Occidente ata a Segunda Guerra Mundial. Debido a que funde a 85°C e solidifica a 35°C, é moi empregado en alimentación como espesante e xelificante (aparece co código alimentario E-406), en microbioloxía para preparar medios de cultivo sólidos e en bioquímica como soporte en técnicas de separación de moléculas. En Galicia obtense fundamentalmente da especie Gelidium sesquipedale.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome hindú da cidade de Agra, na India.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nivelar coa garanda a pedra fixa do muíño.

    2. Sinalar coa garanda o labor a facer nalgunha peza de carpintería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Permanecer certo tempo nun lugar ou situación ata que chegue algo ou alguén ou se produza o que esperamos.

    2. Permanecer nun lugar ou situación e deixar pasar o tempo ata que ocorra o que esperamos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e matemático sueco. Foi o primeiro en facer unha descrición xeral das diatomáceas ou bacilariáceas. Abandonou o seu traballo científico cando foi nomeado Bispo de Karlstad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato de cobre e itrio hidratado, YCu6(AsO4)3(OH)18·3H2O. Cristaliza no sistema hexagonal e os cristais son alongados, dispostos en feixes fibrosos, de exfoliación nula e cor verde azulada. Ten dureza 3-4 e peso específico 2,72.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘agardar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos árabes en canto descendentes de Agar a través do seu fillo Ismael (ismaelitas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enganchar unha peza que ten unha parte saínte noutra que presenta un entrante do mesmo tamaño e forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás agaricáceas.

    2. Fungo da familia das agaricáceas.

    3. Antiga familia de agaricais, que comprende case que todas as especies da orde, agás os lactarios, rúsulas e higróforos.

    4. Moderna familia de agaricais restrinxida aos xéneros Macrolepiota, Lepiota, Agaricus, e outros afíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da orde dos agaricais.

    2. Orde de fungos da subclase das agaricomicetídeas que comprende as familias das agaricáceas e das coprináceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido agárico.

    VER O DETALLE DO TERMO