Agar

Agar
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega do que se descoñece a súa casa orixinaria. As súas armas levan, en campo de goles, unha roseta de espora de prata; o xefe cosido de azur e cargado dunha cruz de ouro cos extremos rematados en boliñas. Outra variante trae, en campo de prata, tres pólas de videira, das que penduran cadanseus acios, todo da súa cor, colocado en faixa.

Palabras veciñas

agapraxe | Agar | Agar | Agar | Agar | Agar y Bustillo, Pedro | ágar-ágar