"Ōita" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 58.

  • ariedade incolora ou dun verde amortuxado da turmalina de litio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algo por costume.

    2. Ser usual, normal, habitual. Que acontece como norma, que persiste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está cargado de froitas.

    2. Dise dos viños que desprenden aromas de froitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral, variedade do granate, de cor verde escura, que contén unha pequena cantidade de manganeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a forma ou os trazos (manchas) da troita.

    2. Dise da persoa pouco esperta ou despistada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de titanio e bario, de fórmula BaTi(SiO3)3, do grupo dos sorosilicatos. Cristaliza no sistema hexagonal, en cristais de fractura concoidal dunha cor azul clara. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 3,65. Emprégase en xoiería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de torta de formas diferentes que se fai con biscoitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Traballou en Portugal, onde contribuíu ao nacemento e á evolución do estilo gótico manuelino. Entre as súas obras destaca a igrexa de Xesús de Setúbal (dende 1492), o mosteiro dos Xerónimos de Belem (1500-1556) e as capelas imperfeitas do mosteiro de Batalha (1509-1579).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de níquel e ferro, de fórmula (Ni,Fe)S2. Cristaliza no sistema cúbico e é de cor gris metálica. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 4,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Angustia provocada por algunha fatalidade. Na tradición oral recóllense os seguintes refráns: “Coitas e camiños dannos amigos. Nas coitas que un ten coñécese quen nos quer ben”.

      2. Motivo literario de gran rendemento na poesía dos trobadores galego-portugueses, ata o punto de se converter no elemento central da poética trobadoresca peninsular, por oposición á matriz provenzal na que predomina o tema do joi (‘goce do amor’). No plano léxico este motivo reflíctese a través dunha serie de termos e expresións orientadas a manifestar a dor provocada polo sentimento amoroso. Na cantiga de amor adoita vir motivada pola actitude despiadada da dama e a súa negativa a corresponderlle ao namorado. Na cantiga de amigo, que reflicte o motivo desde unha perspectiva feminina (mesmo cando se dá cabida ao sufrimento que por causa da amiga padece o namorado), figuran como desencadeantes da coita da amiga a ausencia, a tardanza, a partida ou a infidelidade do namorado. Nas cantigas de escarnio a coita foi obxecto de sátiras e parodias, como a que leva a Pero Gomez Barroso na súa composición “Moir’ eu aqui de grand’ afan” a equiparar o sufrimento orixinado polo amor ao provocado pola...

    1. Especie de tumor no peito que afecta ao gando porcino e vacún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo que se deixa sen cultivar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten coita.

    2. Que ou quen non ten moita decisión ante as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde ás voces ‘oír’ e ‘escoitar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupos organizados pola Unión do Pobo Galego (UPG) no ano 1970 co obxectivo de mobilizar o campesiñado galego dentro do bloque de ‘forzas revolucionarias’ que aspiraban a transformar Galicia. Os primeiros integrantes foron técnicos de Extensión Agraria de ideoloxía nacionalista, membros ou achegados á UPG, baixo o liderado de Ramón Muñiz. Axiña se incorporaron a este proxecto político estudiantes universitarios ou de formación profesional procedentes do medio rural e algúns cregos próximos a Cristiáns polo Socialismo. Entre o ano 1970 e o 1972 establecéronse por toda Galicia, sobre todo nas áreas de Monforte, Ribadeo, O Courel, A Fonsagrada, Verín, O Barbanza, Soutomaior, Troáns, Arbo, Sela, Cuntis e Vilanova. Os CALL foron o xermolo das Comisións Labregas (CC LL), creadas en 1973 e dende 1989 denominadas Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC LL), e permaneceron activos ata 1975, cando xunto coas CC LL, elaboraron o Programa Agrario galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromato de chumbo, de fórmula PbCrO4. Cristaliza no sistema monoclínico en cristais prismáticos que presentan estrías. Ten unha cor vermella alaranxada ou amarelenta. Está asociada con piromorfita, cerusita e outros minerais secundarios do chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desacostumar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir ou vestir de loito.

    2. Causar unha gran dor.

    3. estirse de loito.

    4. Padecer unha dor moi grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de escoitar.

    2. Método de detección e observación do inimigo por medio de diversos procedementos de captación do son. Na Primeira Guerra Mundial destacou a escoita submarina, que se practicou por medio da colocación de micrófonos por baixo da liña de flotación das embarcacións de guerra, que detectaban a presenza de submarinos. Durante a Segunda Guerra Mundial o sistema substituíuse polo sonar.

    3. Sentinela enviada a un lugar para espiar pola noite as liñas inimigas.

    4. Intercepción dunha comunicación telefónica utilizando artificios técnicos de escoita, transmisión, rexistro ou reprodución de sons. As intercepcións que se realizan sen autorización xudicial constitúen un delito contra os dereitos fundamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO