"AES" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
VER O DETALLE DO TERMO
As Especificacións de Contorno de Aplicación son un conxunto de estándares desenvolvido pola Open Software Foundation para conseguir a compatibilidade dos diferentes sistemas Unix.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das hipocastanáceas ao que pertence o castiñeiro de Indias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alcahest.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización moi activa nos derradeiros anos do s XIX que agrupaba un gran número de mestres da provincia de Pontevedra. En xuño de 1894 publicou Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar, un xornal profesional de dez números que lle deu cobertura e apoio á Asamblea Pedagógica e á Exposición Escolar dese mesmo ano. Nesta publicación pódese observar o desenvolvemento das distintas intervencións que se produciron nestes actos. A Asociación prestou especial interese por temas relacionados cos problemas das escolas mixtas e co ensino da época en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización dos mestres de Santiago de Compostela oficialmente constituída en xaneiro de 1893 en Santiago de Compostela, aínda que a prensa xa anunciaba a súa fundación o 6 de febreiro de 1887. Pertencía ao grupo de asociacións de carácter mutualista e de socorros mutuos, é decir, de axuda benéfica e de coñecementos. Entre os seus obxectivos máis inmediatos estaban conseguir a fraternidade entre todos os ensinantes e o socorro mutuo científico e material entre os seus afiliados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada o 23 de marzo de 1898 en Santiago de Compostela, foi a primeira organización patronal desta cidade e unha das primeiras de Galicia. O seu obxectivo básico era a defensa mutua e protección recíproca dos seus asociados, cando a súa autoridade ou os seus intereses de clase estivesen ameazados polo obreiro, especialmente na folga ou no paro. Non se admitía ningún aprendiz (menor de 16 anos) que estivese afiliado a calquera das sociedades de resistencia da cidade e, sobre todo, aqueles que xa pertenceran ás organizacións obreiras, procurando os seus xefes que abandonasen esta afiliación. Por outra banda, os afiliados a esta patronal, comprometíanse a non dar traballo a aquel obreiro que non viñese provisto dun documento, expedido polo seu anterior patrón, no que se informaba de que abandonaba o traballo voluntariamente sen ter secundado protestas obreiras ou ter cometido faltas graves na empresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Creouse en Pontevedra en 1886 co obxectivo de discutir problemas profesionais e pedagóxicos. Foi a precursora do Congreso Regional de 1887 en Pontevedra, feito que marcou o inicio dunha longa serie de congresos e asembleas que se celebraron en Galicia ata o comezo da Guerra Civil. Tamén foi a iniciadora dun primeiro intento de organizar unha Colonia Escolar en Pontevedra (17 de agosto de 1893).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociacións que se crearon nas catro provincias galegas a finais do s XIX. Organizaron congresos, certames e exposicións para debater a situación e mellora do ensino en Galicia de principios do s XX. Participaron na Exposición Rexional Galega de 1909.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido en Dinamarca en 1987 e dirixido por Gabriel Alex. Trátase dunha adaptación dun relato de Isak Dinesen, interpretada polos actores Stephane Audran, Jean-Philippe Lafont, Gudmar Vivesson e Jarl Kulle, entre outros. Unha muller chega a unha vila danesa fuxindo da violencia da Comuna de París. Atopa traballo de cociñeira nunha casa de estrita moral luterana. Alí o ambiente de austeridade e rixidez vai afogando á protagonista, ata que un billete de lotería lle dá a posibilidade de liberarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido en Dinamarca en 1987 e dirixido por Gabriel Alex. Trátase dunha adaptación dun relato de Isak Dinesen, interpretada polos actores Stephane Audran, Jean-Philippe Lafont, Gudmar Vivesson e Jarl Kulle, entre outros. Unha muller chega a unha vila danesa fuxindo da violencia da Comuna de París. Atopa traballo de cociñeira nunha casa de estrita moral luterana. Alí o ambiente de austeridade e rixidez vai afogando á protagonista, ata que un billete de lotería lle dá a posibilidade de liberarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poeta da escola galego-castelá que, a xulgar pola súa relación con Alfonso Álvarez de Villasandino e a transmisión dos seus textos no Cancionero de Baena, desenvolveu a súa actividade poética entre a segunda metade do s XIV e a primeira do s XV. Baixo o seu nome (que nas rúbricas aparece identificado como “bachiller [e] maestro en artes de Salamanca”) recóllense no mencionado cancioneiro seis composicións pertencentes ao xénero da pregunta dirixidas a Villasandino. Cinco deses poemas están en castelán, mentres que noutro emprega aínda a antiga lingua poética da Península. Este texto “Sennor Alfonso Alvarez, que Deus vos mantenna”, copiado nos folios 32v-33r da compilación baenense, desenvolve, como é habitual na súa produción caractrerizada pola temática moral e doutrinal, o tema do ubi sunt, centrado na procura da franqueza ausente nos reinos peninsulares: “Dizede-me, sennor, hu se foi franqueza, / que ja non paresçe nos renos de Espanna”. Desde o punto de vista...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Mondoñedo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Balesta, Baesteiro e Balesteiro. As súas armas levan, en campo de prata, unha bésta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo italiano, da rexión de Lombardía, de leite de vaca, graxo, de pasta branca e cremosa e sabor salgado. Os queixos canadenses richelieu e butter cheese son o mesmo tipo de queixo. A súa técnica de elaboración importárona inmigrantes italianos trala Segunda Guerra Mundial.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador holandés. Fillo e discípulo do pintor de naturezas mortas Pieter Claesz. Despois dunha estadía en Italia (1642-1645) volveu ao seu país e pintou sobre todo escenas pastorís con motivos italianos. Exerceu unha enorme influencia na paisaxe inglesa e francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Está considerado como o máis importante poeta simbolista do seu país, influído directamente pola corrente do Parnasianismo. Colaborador asiduo do xornal A Noticia, publicou entre outras obras: Poesias (1888) e Tarde (1919). A súa obra máis destacada é O caçador de esmeraldas (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores ou arbustos inermes e espiñentos, de follas caducas bipinnadas e flores vistosas de cor laranxa, vermella e amarela, dispostas en panículas ou acios. Propio da zona tropical e subtropical, algunhas especies teñen un interese económico ou ornamental, como o sapán e o pau de Brasil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botavara curta coa que se caza a mesana nos barcos latinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das fabáceas ao que pertence a carqueixa.
-
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Escribiu novelas e narracións de tema rural e autobiográficas. Publicou De vulgaire geschiedenis van Charelke Dop (A historia vulgar de Charelke Dop, 1924).
VER O DETALLE DO TERMO