"AID" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

    1. de abstraer.

    2. Que adoita abstraerse, distraéndose ou concentrándose nas propias meditacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo chan emprazado nun monte onde se adoita colocar o carro para poder cargalo con madeira, leña, toxo ou estrume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do xermánico Adelheid formado por athala- ‘nobre’ e -heid ‘calidade, condición’. Outras variantes deste nome son Adelaira e Delaira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Francia. Viúva de Luís o Balbo. O Papa Xoán VIII non lle recoñeceu o título real porque Luís repudiara a súa primeira esposa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla do Rei Rodolfo II da Borgoña. Casou en 947 con Lotario II, Rei de Italia e Emperador de Alemaña. Dous anos despois da   morte deste (949), casou con Otón o Grande de Alemaña. Foi coroada Emperatriz no ano 962 e rexeu o reino durante a minoridade de idade dos seus fillos Otón II e Otón III. Na vellez volveu para a Alsacia e fundou numerosos mosteiros e conventos como o de Selz, preto de Estrasburgo. A súa festa celébrase o 16 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da Antártida, no cadrante de Weddel, descoberta en 1832 por John Biscoe; forma parte do territorio antártico británico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Australia Meridional, Australia, na beira do río Torrens (1.081.000 h [1995]). Centro comercial dun hinterland produtor de froita, trigo, viño e la, que posúe tamén industria téxtil e plástica. Ten refinería de petróleo. Foi fundada no 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Internacional de Desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de Giuseppe Verdi, con libreto de Antonio Ghislanzoni sobre un argumento de Camille du Locle. Estreouse no Cairo en 1871. Aida marca unha nova etapa na produción de Verdi pola súa linguaxe lírica e pola maior importancia que lle concede ao papel da orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador da China, da dinastía Han (ss VI a C - I d C). Ocupou o trono aos 19 anos, síntoma da relaxación moral e da dexeneración do período final dos Han.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político indonesio. Formou parte do Partido Comunista de Indonesia dende 1943. Posteriormente fundou o Movemento para a Independencia de Indonesia polo que foi detido sucesivamente polos xaponeses e os holandeses no 1945. Dende 1947 ocupou diversos cargos no Partido Comunista e no goberno presidido por Sukarno (1950-1965). Foi executado despois do golpe de estado do Xeneral Untug (1965) durante a represión dirixida polo Xeneral Suharto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Internacional de Defensa das Linguas e Culturas Ameazadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora ganesa en lingua inglesa. Amosa os problemas da muller africana nas sociedades neocoloniais en The Dilemma of a Ghost (O dilema dunha pantasma, 1965), Anowa (1970), Reflections of a Black-Eyed Squint (Reflexións dun birollo de ollos negros, 1975) e Our Sister Killjoy (A nosa irmá Mataalegrías, 1977). Entre 1982 e 1983 foi Ministra de Educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia e Comunitat Valenciana (5.793 h [1996]). Ten agricultura de horta, viña e oliveiras. In-dustria téxtil. De orixe musulmana, foi poboada con cristiáns por Xaime I (1258). Posúe unha igrexa (1592-1621) e convento capuchino (fundado en 1598) góticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadiamar (1.841 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Gobernador árabe dunha provincia ou cidade.

      2. Castelán ou gobernador dun castelo.

      1. Persoa que nun centro penitenciario ou prisión preventiva tiña ao seu cargo a custodia e seguridade dos presos e a organización do réxime do centro. Corresponde ao actual director de prisión.

      2. Funcionario que nas alfándegas ten a misión de gardar e conservar as mercadorías dos almacéns para a percepción do imposto do timbre do estado.

    1. alcaide do mar

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote da diócese de Tui, gobernador, Provisor, vigairo xeral e xuíz examinador sinodal do Bispado de Mondoñedo. Publicou no 1842 Respuesta a la carta que, bajo el nombre de “Un venerable eclesiástico de San Justo” se publicó en 1842, en el “Boletín Oficial” de la provincia de Pontevedra núm 67. Á súa morte, parte da súa biblioteca doouse á Biblioteca Provincial de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribiu a comedia Aínda vive, en dous actos, estreada na Coruña no 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller do alcaide.

    2. Muller que realiza as mesmas funcións ca o alcaide.

    VER O DETALLE DO TERMO