Pyŏngsan

Pyŏngsan

Capital da República Democrática Popular de Corea (2.741.260 h [1993]). Situada á beira do río Taedong, no centro da principal zona mineira, converteuse no primeiro núcleo industrial do país, coa industria siderúrxica, química, téxtil e alimentaria. Foi fundada polos chineses en 1122 a C e, ocupada polos xaponeses en 1592, sufriu grandes prexuízos na Guerra Chino-xaponesa (1894) e Ruso-xaponesa (1904). A finais da Segunda Guerra Mundial foi capital da zona de ocupación soviética.