"ALiR" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Atlas Lingüístico da Romania é un atlas interpretativo, no que os mapas se presentan con comentarios ou sínteses. Presenta unha filiación co ALE (Atlas Linguae Europeae). Este proxecto pretende subministrar unha visión xeral da situación lingüística das linguas románicas europeas servíndose dunha análise léxica, fonética, fonolóxica e morfosintáctica. Os traballos que envían os especialistas de cada dominio lingüístico coordínanse no Centro de Dialectoloxía da Universidade Sthendal de Grenoble. Da dirección científica do AliR encárganse o seu Presidente (G. Tuaillon-Grenoble) e o Director (M. Contini-Grenoble). Trátase dun Atlas de segunda xeración, isto é, explota datos subministrados por atlas nacionais e atlas rexionais. No AliR o territorio románico repartiuse en dez comités: portugués, galego, español, catalán, francés, valón, suízo, italiano, romanés e moldavo. En relación co dominio lingüístico galego son membros do comité de redacción: Rosario Álvarez Blanco, Mercedes...
-
PERSOEIRO
Guitarrista venezolano. En 1945 comezou os seus estudios na Escuela Superior de Música Jose Ángel Lamas e foi discípulo de Raúl Borges e mais de Vicente Emilio Sojo. Debutou en Caracas, continuou os seus estudios cunha bolsa no Conservatorio de Madrid con Regino Sáinz de La Maza e posteriormente recibiu clases de Andrés Segovia. En 1987 recibiu o Premio Interamericano de Música e a Universidad de Carabobo nomeouno doutor honoris causa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enganar a alguén ou faltar á palabra dada.