"Aarón" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Compositor, director de orquestra, pianista e musicólogo. Comezou os estudios musicais con Rubin Goldmark en Nova York e, posteriormente, con Nadia Boulanger en París. En 1924 regresou a Nova York e dedicouse á docencia e á composición, ademais de escribir artigos e libros sobre música. Entre as súas obras destacan os ballets Rodeo (1942) e Appalachian Spring (Primavera apalachense, 1944); as obras orquestrais Music for the Theatre (Música para o teatro, 1925), El salón México (1936), Concerto para clarinete (1948) e Tercera Sinfonía (1946); as pezas para piano Danzón cubano (1942), Down a Country Lane (Cara a abaixo polo camiño, 1962) e Danza de Jalisco (1963); as bandas sonoras das películas The City (A cidade, 1939), Of Mice and Men (De ratos e homes, 1939) e The Heiress (A herdeira, 1948), entre outras; as obras de música de cámara Noneto para corda (1960) e Dúo para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Deuse a coñecer como ensaísta con An End to Innocence (1955) e publicou as novelas The Messengers will come no More (1974), In Dreams Awake (1975) e Freaks (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Licenciouse na Universidade de Columbia e doutorouse na de Maryland. Foi director de investigación da Fundación Médica de Buffalo e profesor na Universidade do estado de New York. Destacou na elaboración dun modelo matemático, o chamado método directo, para descubrir a estrutura tridimensional das substancias cristalinas a partir dos resultados da cristalografía de raios X. Pola utilidade deste descubrimento recibiu o Premio Nobel de Química (1985), xunto con J. Karle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Lituania 1926) Biólogo molecular. Estudiou nas universidades de Johannesburgo, Cidade do Cabo e Cambridge, onde se doutorou (1953). Participou no descubrimento do ADN. Especializado no tratamento matemático interpretativo das imaxes obtidas por microscopía electrónica dos nucleosomas (complexos do ADN e histonas), introduciu tamén novas técnicas cristalográficas no estudo do ADN e nas proteínas no microscopio electrónico. En 1982 recibiu o Premio Nobel de Química polos seus estudios sobre os nucleosomas e a estrutura tridimensional dos virus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Na década de 1930 deuse a coñecer coas series fotográficas de crítica social que fixo para a Photo League, centradas nos barrios do Harlem (1936-1940). Influído por Pollock, evolucionou cara á fotografía abstracta e de aí á expresión obxectiva. Foi un dos fundadores da Society Photographic Education (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO