Klug, Aaron

Klug, Aaron

(Lituania 1926) Biólogo molecular. Estudiou nas universidades de Johannesburgo, Cidade do Cabo e Cambridge, onde se doutorou (1953). Participou no descubrimento do ADN. Especializado no tratamento matemático interpretativo das imaxes obtidas por microscopía electrónica dos nucleosomas (complexos do ADN e histonas), introduciu tamén novas técnicas cristalográficas no estudo do ADN e nas proteínas no microscopio electrónico. En 1982 recibiu o Premio Nobel de Química polos seus estudios sobre os nucleosomas e a estrutura tridimensional dos virus.