Temas
(Fürth, Baviera 23.5.1923) Político alemán. De orixe xudía, en 1938 emigrou a EE UU e licenciouse en Dereito en Harvard. Nomeado secretario de Estado, marcou as directrices da política exterior baixo as presidencias de R. Nixon (1973-1974) e G. Ford (1974-1977). Propugnou unha distensión simultánea coa URSS e China, pero non conseguiu solucionar o conflito en Oriente Próximo e a súa política intervencionista orixinou tensións cos países europeos e posibilitou a aparición de ditaduras enAmérica Latina. Durante a presidencia de R. Reagan elaborou o “Informe Kissinger” (1984), en apoio do intervencionismo, que foi rexeitado polo Congreso. Pola súa participación nos acordos de paz con Vietnam concedéronlle, xunto a Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz en 1973.
(Missouri 1923) Físico estadounidense. Doutor pola Universidade de Winsconsin en Enxeñería Electrónica (1950), traballou no deseño de máscaras de serigrafías para circuítos. Deseñou e fabricou o primeiro circuíto integrado monolítico, onde todos os compoñentes parten inseparablemente da mesma pastilla do semicondutor. Tamén explorou sobre a posible aplicación do silicio para a obtención da enerxía solar. Recibiu o Premio Nobel de Física en 2000, xunto con Kroemer e Zhores, polo seu descubrimento do chip.
(Düsseldorf 1849 - Göttingen 1925) Matemático alemán. Fixo traballos sobre a aplicación da teoría de grupos na xeometría. Estudiou tamén diversos aspectos da xeometría riemanniana e da xeometría diferencial, e as funcións hiperelípticas.
(Limlingerode, Magdeburg 1935) Escritora alemana. É autora de poemas, contos e libros infantís. Destacan os seus libros poéticos Landaufenthalt (Estadía no campo, 1967), Zaubersprüche (Conxuramentos, 1973) e Rückenwind (Vento de popa, 1976). Tamén escribiu o libro sobre o tema da muller Scheneewärme (1989).
(Koje 20.12.1927) Político surcoreano. Candidato do Partido Demócrata Liberal Democrático, asumiu a presidencia da República de Corea (1993-1998). Favoreceu a liberalización económica e puxo en marcha unha campaña fronte á corrupción administrativa.
(St. Louis, Missouri 1947) Actor. Comezou a súa carreira no teatro, onde recibiu dous premios Tony (1978 e 1982). É moi versátil e alterna papeis dramáticos e cómicos. Traballou nos filmes Silverado (1985), A Fish Called Wanda (1988), Grand Canyon (1991), In & Out (1999) e Orange County (2002).
(Magdeburg 1926) Compositor alemán. Foi un dos principais creadores no campo da música electrónica. Entre as súas obras cómpre mencionar Klangfiguren I e II (1955-1956) e 8 Funcktionen (1967-1969).
(Omaha, Nebraska 14.9.1920) Economista estadounidense. Discípulo de Anthony Samuelson, en 1980 recibiu o Premio Nobel de Economía pola súa contribución á construción e difusión de modelos econométricos. Das súas obras destacan The Keynesian Revolution (1947), The Economics of Supply and Demand (1983).
(Nova York 1928) Fotógrafo. Traballou no estudio de Fernand Léger en París e percorreu toda Europa facendo murais. Influenciado por Man Ray, A. Rodchenko, o dadaísmo e a Bauhaus, empregou a fotografía para traballos abstractos sobre os seus propios murais. Posteriormente dedicouse á cinematografía. Publicou NY 1954-55 (1956), Roma (1960), Moscova (1964) e Toquio (1964).
(Johannesburgo 18.3.1936) Político sudafricano. Xurista, foi elixido deputado do Partido Nacional (1972) e posteriormente ocupou diversos cargos ministeriais (1978-1989). Sucedeu a P. Willem Botha na xefatura do partido e na presidencia sudafricana (1989-1994). Desde este cargo iniciou un desmantelamento gradual do sistema do apartheid e de aproximación ao Congreso Nacional Africano (ANC), legalizado en 1990, para introducir en Sudáfrica un réxime político plenamente democrático. En 1994 ocupou a vicepresidencia do goberno de unidade nacional que seguiu ás primeiras eleccións multirraciais. Recibiu o Premio Nobel da Paz, xunto a Nelson Mandela, en 1993.
