Kissinger, Henry
(Fürth, Baviera 23.5.1923) Político alemán. De orixe xudía, en 1938 emigrou a EE UU e licenciouse en Dereito en Harvard. Nomeado secretario de Estado, marcou as directrices da política exterior baixo as presidencias de R. Nixon (1973-1974) e G. Ford (1974-1977). Propugnou unha distensión simultánea coa URSS e China, pero non conseguiu solucionar o conflito en Oriente Próximo e a súa política intervencionista orixinou tensións cos países europeos e posibilitou a aparición de ditaduras enAmérica Latina. Durante a presidencia de R. Reagan elaborou o “Informe Kissinger” (1984), en apoio do intervencionismo, que foi rexeitado polo Congreso. Pola súa participación nos acordos de paz con Vietnam concedéronlle, xunto a Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz en 1973.