Klerk, Frederik Willem de

Klerk, Frederik Willem de

(Johannesburgo 18.3.1936) Político sudafricano. Xurista, foi elixido deputado do Partido Nacional (1972) e posteriormente ocupou diversos cargos ministeriais (1978-1989). Sucedeu a P. Willem Botha na xefatura do partido e na presidencia sudafricana (1989-1994). Desde este cargo iniciou un desmantelamento gradual do sistema do apartheid e de aproximación ao Congreso Nacional Africano (ANC), legalizado en 1990, para introducir en Sudáfrica un réxime político plenamente democrático. En 1994 ocupou a vicepresidencia do goberno de unidade nacional que seguiu ás primeiras eleccións multirraciais. Recibiu o Premio Nobel da Paz, xunto a Nelson Mandela, en 1993.