Temas

Kilby, Jack

(Missouri 1923) Físico estadounidense. Doutor pola Universidade de Winsconsin en Enxeñería Electrónica (1950), traballou no deseño de máscaras de serigrafías para circuítos. Deseñou e fabricou o primeiro circuíto integrado monolítico, onde todos os compoñentes parten inseparablemente da mesma pastilla do semicondutor. Tamén explorou sobre a posible aplicación do silicio para a obtención da enerxía solar. Recibiu o Premio Nobel de Física en 2000, xunto con Kroemer e Zhores, polo seu descubrimento do chip.

Más >
Kieślowski, Krzysztof

(Varsovia 1941) Realizador cinematográfico. Entre a súas longametraxes, que evidencian un sentido poético e tráxico da vida, destacan Amator (1979), Bez Konca (1984), La double vie de Veronique (1991) e a triloxía das tres cores Trois couleurs, bleu (1992), Trois couleurs, blanc (1993) e Trois couleurs, rouge (1993).

Más >
Kirchner, Néstor

(Río Gallegos, Santa Cruz 25.2.1950 - El Calafate, Buenos Aires 27.10.2010) Político arxentino. Membro do Partido Justicialista, foi gobernador da provincia de Santa Cruz. En 1996 fundou La Corriente Peronista, liña interna do xusticialismo, e desde 2000 dirixe La Corriente, espazo de debate e pensamento político federal. Nas eleccións de 2003 foi elixido presidente de Arxentina, despois do abandono na segunda volta de C. Menem.

Más >
Killy, Jean-Claude

(Saint Claud 1943) Esquiador. Especialista en esquí alpino, gañou a Triple Coroa coas súas tres medallas olímpicas nos Xogos Olímpicos de Inverno de Grenoble (1968), nas especialidades de slálom, slálom xigante e descenso. Tamén gañou a Copa do Mundo (1967-1968) e foi copresidente dos Xogos Olímpicos de Inverno de Albertville.

Más >
Koenig, Gottfried Michael

(Magdeburg 1926) Compositor alemán. Foi un dos principais creadores no campo da música electrónica. Entre as súas obras cómpre mencionar Klangfiguren I e II (1955-1956) e 8 Funcktionen (1967-1969).

Más >
Kissinger, Henry

(Fürth, Baviera 23.5.1923) Político alemán. De orixe xudía, en 1938 emigrou a EE UU e licenciouse en Dereito en Harvard. Nomeado secretario de Estado, marcou as directrices da política exterior baixo as presidencias de R. Nixon (1973-1974) e G. Ford (1974-1977). Propugnou unha distensión simultánea coa URSS e China, pero non conseguiu solucionar o conflito en Oriente Próximo e a súa política intervencionista orixinou tensións cos países europeos e posibilitou a aparición de ditaduras enAmérica Latina. Durante a presidencia de R. Reagan elaborou o “Informe Kissinger” (1984), en apoio do intervencionismo, que foi rexeitado polo Congreso. Pola súa participación nos acordos de paz con Vietnam concedéronlle, xunto a Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz en 1973.

Más >
Kim Jong Il

(Siberia 1942) Político norcoreano, fillo de Kim Il-sung. Nomeado sucesor (1980), á morte do seu pai (1994), asumiu a xefatura interina do goberno, confirmada oficialmente en 1996. Presionado por unha grave crise económica, consecuencia do illamento do país, en 2000 iniciou unha política de distensión con contactos oficiais con EE UU e o primeiro encontro cun xefe de estado surcoreano (Kim Dae Jung).

Más >
Klein, William

(Nova York 1928) Fotógrafo. Traballou no estudio de Fernand Léger en París e percorreu toda Europa facendo murais. Influenciado por Man Ray, A. Rodchenko, o dadaísmo e a Bauhaus, empregou a fotografía para traballos abstractos sobre os seus propios murais. Posteriormente dedicouse á cinematografía. Publicou NY 1954-55 (1956), Roma (1960), Moscova (1964) e Toquio (1964).

Más >
Kline, Kevin Delaney

(St. Louis, Missouri 1947) Actor. Comezou a súa carreira no teatro, onde recibiu dous premios Tony (1978 e 1982). É moi versátil e alterna papeis dramáticos e cómicos. Traballou nos filmes Silverado (1985), A Fish Called Wanda (1988), Grand Canyon (1991), In & Out (1999) e Orange County (2002).

Más >
Kirsch, Sarah

(Limlingerode, Magdeburg 1935) Escritora alemana. É autora de poemas, contos e libros infantís. Destacan os seus libros poéticos Landaufenthalt (Estadía no campo, 1967), Zaubersprüche (Conxuramentos, 1973) e Rückenwind (Vento de popa, 1976). Tamén escribiu o libro sobre o tema da muller   Scheneewärme (1989).

Más >
Loading