"Abbe" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • LAGOS

    Lago de auga salgada ao NL de África, de 24 km de longo, na fronteira de Etiopía con Xibuti. O seu emisario é o río Awash.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Meteorólogo norteamericano. Dirixiu un servizo de predición do tempo nos EE UU (1871). Suxeriu a división do territorio en fusos horarios, idea adoptada oficialmente nos EE UU en 1883.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Mestre de Física Teórica na Universidade de Jena (1870) e director do seu observatorio astronómico e meteorolóxico (1878). Dende o 1886 colaborou con Karl Zeiss para mellorar instrumentos ópticos, como o microscopio composto. Investigou a óptica dos lentes e construíu o primeiro obxectivo apocromático (1889). Estableceu a condición do aplanetismo dos sistemas centrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico situado nas terrazas fluviais do río Somme, preto da cidade de Abbeville (Picardía, Francia) descuberto polo prehistoriador Boucher de Perthes en 1844. A partir do estudo dos útiles sobre seixos alí descubertos, asociados a unha fauna xa extinguida, demostrou a antigüidade da presenza humana sobre a Terra. Posteriormente, o prehistoriador Henri Breuil sistematizou o Abbevillense baseándose no conxunto lítico de Abbeville.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Abbevillense.

    2. Técnica de percusión baseada na talla periférica, asimétrica e sobre zafra dorminte empregada para obter bifaces e outros artefactos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo do Paleolítico inferior que toma o nome do xacemento de Abbeville, desenvolveuse durante un período interglaciar cálido. Caracterízase por un tipo de biface tallado por percusión dura e dorminte. Na actualidade emprégase este nome polo de Chelense, que era máis habitual entre os investigadores da primeira metade do s XX. En Europa, precede cronoloxicamente ao Acheulense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • abbevillense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sala de teatro aberta en Dublín en 1904 co patrocinio de Annie Horniman. Foi sede da National Theatre Society, compañía creada no 1905 a partir do Irish Literary Theatre, fundada en xaneiro do 1899 por William Butler Yeats, Augusta Grégory, Edward Martyn e George Moore. En 1903 pasou a denominarse Irish National Theatre Society trala chegada de Maud Gonne, Arthur Griffith, Padraic Colum, George W. Russell, Douglas Hyde e os irmáns William G. Fay e Frank J. Fay. Durante os primeiros anos a compañía estivo sometida a múltiples tensións debido á súa orientación ideolóxica e ao control da compañía. Despois de abandonos como o de Maud Gonne e outros militantes do Sinn Féin xunto a acontecementos como a partida de Padraic Colum e Edward Martyn (fundadores en 1906 do Teatro de Irlanda), a despedida dos irmáns Fay e a morte de John Millington Synge, W. B. Yeats asumiu a dirección artística da compañía e traballou cos directores de escena Lennox Robinson, Ernest Blythe e Tomás MacAnna. En 1910 Annie...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador e pintor norteamericano. Executou os murais da Biblioteca Pública de Boston e do Capitolio do Estado de Pennsilvania, en Harrisburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe musulmán dun dos dous exércitos que, segundo Vicente Risco, penetraron en Galicia contra o 821. O de Alhabbez tería entrado polo leste e sería derrotado en Naharón (actualmente Narón, Portomarín) polo exército de Afonso II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • François Hédelin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Coñecido como o poeta dos pobres, publicou entre outras obras: The Library (A librería, 1781), The Village (A vila, 1783) e Tales of the Hall (Contos do vestíbulo, 1817-1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo alemán. Marcou a transición do romanticismo ao realismo. As súas obras máis importantes son Scherz, Satire, Ironie und tiefere Bedeutung (Burla, sátira, ironía e significado profundo, 1822), Don Juan und Faust (1829) e Hannibal (1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista ucraíno. Catedrático da Universidade de Pennsylvania desde 1947, especializouse primeiramente en lingüística semítica, e despois en lingüística estrutural. Cara ao 1953 introduciu na teoría lingüística o concepto de “transformación”, que el define como unha relación sistemática entre oracións de significado semellante pero estrutura sintáctica distinta. Destacan as súas obras Methods in Strutural Linguistics (1951), String Analysis of Sentence Struture (1962), Mathematical Strutures of Language (1968), Papers on Strutural and Transformational Linguistics (1970) e Papers on Syntax (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Irlanda do Norte, formado en 1958 mediante a unión de sete comunidades rurais (151 km2; 82.000 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo francés. De nome Jean Duvergier de Hauranne, ordenouse sacerdote en 1618, foi abade comendatario de Saint-Cyran (1620) e asumiu a dirección espiritual de Port-Royal (1633). Seguidor de Baius e de Jansen, a súa personalidade e a súa doctrina influíu, entre outros, en san Vicente de Paúl. Das súas obras destacan Apologie pour la Rocheposay (1625) e Lettres chrétiennes et spirituelles (1645).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do wilāya de Sidi Bel Abbès, Alxeria, situada no Atlas do Tell (150.260 h [1998]). É centro dunha rexión produtora de gran, viño e gando. Fundouse en 1843 durante a ocupación francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (9.258 km2; 525.632 h [1998]). A súa capital é Sidi Bel Abbès.

    VER O DETALLE DO TERMO