Abbe, Ernst
Abbe, Ernst
Físico alemán. Mestre de Física Teórica na Universidade de Jena (1870) e director do seu observatorio astronómico e meteorolóxico (1878). Dende o 1886 colaborou con Karl Zeiss para mellorar instrumentos ópticos, como o microscopio composto. Investigou a óptica dos lentes e construíu o primeiro obxectivo apocromático (1889). Estableceu a condición do aplanetismo dos sistemas centrados.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Eisenach -
Deceso
Lugar : Jena