"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • Familia xaponesa que posuía o título de daimio. Orixinaria de Suruga, na costa meridional da illa de Honshū, no s IX sublevouse contra o poder central representado por Fujiwara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xaponés. A súa obra caracterízase pola atmosfera surrealista que envolve as súas personaxes. Entre as súas obras máis relevantes cómpre destacar: Kabe-S. Karumashi no hanzai (A parede. Os crimes de S. Karuma, 1951), Suna no onna (A dona das dunas, 1962), Hako-otoko (O home caixa, 1973), Mikkai (Trobada en segredo, 1977), Kozo wa Shinda (O pequeno elefante está morto, 1979), Tomodachi (Amigos, 1967), Hakobune Sakuramaru (A arca Sakura, 1984) e Kangaru Noto (O caderno do canguro, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pezas do arado de pau situadas ao carón da rella que serven para facer máis ancho o suco e virar ou voltear a terra. Úsase sobre todo en plural.

    2. Articulacións do cuxo situadas entre a parte inferior da pata e a superior da cana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Cosme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diócese de Lugo que inclúe as parroquias dos concellos de Melide, Toques e Santiso así como as de Figueiroa, Rendal e Vilantime do concello de Arzúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar de beber ao gando.

    2. Mollar completamente algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma substantivada de ABC utilizada para designar habitualmente o alfabeto.

    2. A serie das letras na orde establecida.

      1. As nocións básicas que se deben coñecer dunha ciencia ou arte para achegarse a ela.

      2. O máis doado e elemental de calquera coñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome co que se denomina a disposición dos grafemas que constiúen unha lingua nunha orde que pode variar segundo as distintas tradicións de escritura. Descoñécese se foi o fenicio ou exipcio o primeiro en empregarse. Segundo A. C. Moorhouse (1953) todos os sistemas de escritura son variacións dun único modelo que pode ter a súa orixe nun grupo de alfabetos semíticos lixeiramente diverxentes, destacando a relevancia do fenicio xa que del vén o grego, pai das linguas europeas como o galego. A ordenación propia do alfabeto é un reflexo dos principios de ordenación léxica fundamentais e mesmo de estruturación dos saberes propios dunha cultura, como mostra a importancia dos dicionarios. Orixinariamente o termo abecedario significaba só a sucesión ordenada das letras latinas, despois por ampliación semántica pasou a designar calquera alfabeto.

    2. Conxunto de cadros ou moldes para reproducir unha serie completa de letras e cifras.

      1. Libro usado nas escolas para aprender a ler as letras, que se dispoñen en orde alfabética. Xa existen en pergameo no século IX.

      2. Primeiro cartel dunha serie, na cal os nenos, ata o comezo do s XX, facían a aprendizaxe da lectura, segundo o sistema de Jean-Baptiste de La Salle.

    3. Conxunto de instrucións informáticas que permiten representar en documentos de diferentes aplicacións tipos de letra cunhas características determinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quedar mal cocida a parte interior do pan ou dun biscoito por mor dunha fermentación deficiente, unha mala cocción ou amasadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da prefectura de Ouaddaï, no Chad (187.757 h [1993]). Centro de comercio na encrucillada das rutas de caravanas a Darfur e ao Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente á esquerda do río Támega, tamén chamado do Fachedo. Nace como arroio dos Muíños na parroquia de Osoño, no concello de Vilardevós. A seguir, entra no concello de Verín pola parroquia de Abedes, da que recibe o nome, e por Cabreiroá chega ao Támega onde desemboca no lugar da Ponte de Oímbra, no concello de Oímbra, logo dun percorrido en sentido NNL-SSO que aproveita a falla coñecida co nome de Corga e na que xorden as augas de Sousas e Cabreiroá, que orixinaron os balnearios e industrias de embotellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO