abecé

abecé

(< a, b, c)

  1. s m [ESCR]

    Forma substantivada de ABC utilizada para designar habitualmente o alfabeto.

    Ex: O meu fillo xa está aprendendo o abecé.

  2. s m

    A serie das letras na orde establecida.

  3. s m
    1. As nocións básicas que se deben coñecer dunha ciencia ou arte para achegarse a ela.

      Ex: Descoñece o abecé da pintura e crese un eminente artista.

    2. O máis doado e elemental de calquera coñecemento.

      Ex: As operacións de adición e subtracción forman parte do abecé das matemáticas.

Palabras veciñas

Abeancos | abeberar | abeca | abecé | abecedario | abecerrar | Abéché