"Acción Social" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se tira do prelo en Vigo en novembro de 1911 como “Quincenario del Círculo Obrero Católico”, órgano dos sindicatos obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe editada en Mondoñedo entre o 1 de novembro de 1918 e o 1 de agosto de 1930, cando chegaba ao seu número 279. Foi subtitulada “Revista quincenal, órgano del Centro de Acción Social Católica”. Dirixida por Antonio Maseda Bouso, actuaron como redactores-xefe Enrique Costas Márquez, Vicente Saavedra e Xosé Trapero Pardo. Tiña unha clara tendencia tradicionalista e incluía informacións sobre política, agricultura, leis, asuntos sociais, actualidade e novas da entidade. Colaboraron con ela Aurelio Ribalta, Rof Codina, Xoán Armada e Enrique Mª Santos, entre outros. Nunha das súas seccións, “Sección Literaria”, difundíanse textos en castelán e poemas en galego de Noriega Varela, Eduardo Lence-Santar, Xosé Mª da Fuente, e o himno agrario traducido ao galego de Rafael Martínez. Continuará o seu labor en Galicia social agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación titulada como “Órgano mensual defensor de las Sociedades de Forcarey y sus contornos” aparecida en Forcarei en 1923, que rematou a súa edición coa ditadura de Primo de Rivera. De tendencia agrarista, foi fundada e dirixida por Xosé Mª Cabadas Villar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado polo PSOE da Coruña durante a Segunda República. Saíu á luz o 21 de setembro de 1931 coa “dobre misión de difundir as doutrinas socialistas e evitar os atropellos de que era obxecto a clase traballadora”. As súas páxinas, nas que colaborou a militancia máis coñecida, reflectiron un talante moderado favorable á colaboración cos grupos republicanos, maioritarios no concello da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO