"Acciaiuoli" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • FAMILIAS

    Familia de comerciantes e banqueiros italianos de Bérgamo, establecidos en Florencia dende o s XII. A súa compañía mercantil, fundada no ano 1282, chegou a posuír filiais nos centros máis importantes do comercio europeo. A crise de 1345, provocada pola guerra que mantivo Florencia contra Lucca -financiada e sostida polos Acciaiuoli e outras familias-, afectou aos seus negocios e a compañía pechou no ano 1355. Os Acciaiouli foron tamén os banqueiros de Eduardo III de Inglaterra e da Sé Apostólica. Pertencen tamén a esta familia humanistas e escritores, como Donato Acciaiuoli (Florencia 1429 - Milán 1478), humanista e autor da obra en latín Vida de Carlomagno; Filippo Acciaiuoli (Roma 1429 - 1478), poeta, dramaturgo e músico que escribiu Girello (1668); e nobres, como Nicolo Acciaiuoli, Rainerio I de Atenas, Antonio I de Atenas e Francisco II de Atenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran Senescal da Raíña Xoana I de Nápoles. Dirixiu as operacións contra Federico III de Sicilia, que culminaron coa conquista de Mesina (1356) e coa entrada dos Reis de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO