Acciaiuoli

Acciaiuoli

Familia de comerciantes e banqueiros italianos de Bérgamo, establecidos en Florencia dende o s XII. A súa compañía mercantil, fundada no ano 1282, chegou a posuír filiais nos centros máis importantes do comercio europeo. A crise de 1345, provocada pola guerra que mantivo Florencia contra Lucca -financiada e sostida polos Acciaiuoli e outras familias-, afectou aos seus negocios e a compañía pechou no ano 1355. Os Acciaiouli foron tamén os banqueiros de Eduardo III de Inglaterra e da Sé Apostólica. Pertencen tamén a esta familia humanistas e escritores, como Donato Acciaiuoli (Florencia 1429 - Milán 1478), humanista e autor da obra en latín Vida de Carlomagno; Filippo Acciaiuoli (Roma 1429 - 1478), poeta, dramaturgo e músico que escribiu Girello (1668); e nobres, como Nicolo Acciaiuoli, Rainerio I de Atenas, Antonio I de Atenas e Francisco II de Atenas.