"Accra" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CAPITAIS

    Capital de Gana (949.113 h [1988]). Situada na Costa do Ouro do golfo de Guinea, está formada pola cidade residencial de James Town, o centro comercial de Ussher Town, os edificios administrativos de Victoriaborgt e o castelo de Christiansborg, residencia do gobernador. A actual cidade desenvolveuse ao redor de tres núcleos do s XVII: Fort James (actualmente prisión), fundado polos ingleses en 1673; Fort Crèvecoeur, polos holandeses en 1650 e que cando pasou a Gran Bretaña en 1871 pasou a designarse co nome de Ussher; e o castelo danés de Christiansborg, que pasou aos ingleses no ano 1850. Accra foi a capital da Costa do Ouro dende o ano 1876, desenvolvéndose sobre todo a partir de 1909, cando mellorou as súas comunicacións coas rexións produtoras de cacao. É o núcleo administrativo e comercial do país, comunicado por estrada cos importantes portos de Tema e Takoradi, ao tempo que centro industrial (industria téxtil, química, de maquinaria, de material de construción, alimentaria, do cacao)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia celebrada do 15 ao 22 de abril de 1958 en Accra (Gana), onde se reuniron, baixo a presidencia de Kwane Nkrumah -primeiro ministro de Gana-, representantes de oito dos nove estados africanos independentes (Libia, Marrocos, Sudán, Tunicia, República Árabe Unida, Etiopía, Gana e Liberia). O lema que aglutinou os participantes foi África para os africanos. A conferencia condenou, nas súas conclusións, o colonialismo e o racismo e reafirmou o principio de cooperación económica e cultural africana como única vía para evitar o intervencionismo das potencias non africanas. Así mesmo, foron ratificados, por unanimidade, a totalidade dos principios asumidos pola Conferencia de Bandung (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Gana, que se estende ao redor da cidade homónima, capital do país (2.593 km2 ; 1.696.170 h [estim 1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO