Accra, Conferencia de

Accra, Conferencia de

Conferencia celebrada do 15 ao 22 de abril de 1958 en Accra (Gana), onde se reuniron, baixo a presidencia de Kwane Nkrumah -primeiro ministro de Gana-, representantes de oito dos nove estados africanos independentes (Libia, Marrocos, Sudán, Tunicia, República Árabe Unida, Etiopía, Gana e Liberia). O lema que aglutinou os participantes foi África para os africanos. A conferencia condenou, nas súas conclusións, o colonialismo e o racismo e reafirmou o principio de cooperación económica e cultural africana como única vía para evitar o intervencionismo das potencias non africanas. Así mesmo, foron ratificados, por unanimidade, a totalidade dos principios asumidos pola Conferencia de Bandung (1955).

Palabras veciñas

Acconci, Vito | accord* | Accra | Accra, Conferencia de | Accra, Grande | Accum, Friedrich | accumulatio*