"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

    1. ara de apoio que posúe un extremo de diferentes formas para poder agarrala.

    2. Especie de bastón longo, coa parte superior máis ancha para poder pousar o sobaco e cun apoio polo medio para a man, que se usa para axudar a camiñar. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pos V cadanseu

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador da doutrina musulmá chamada badawismo. Os seus fieis, que se distinguen polo seu turbante vermello, considérano un taumaturgo e un dos grandes awliyā do Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O que se pode levar na parte inferior dunha saia ou mandil cando a recollemos cara a riba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • rinoceronte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor e realizador cinematográfico. Traballou como distribuidor de filmes estranxeiros e como produtor en Lotus Films. Foi realizador do documental El casamiento de Alfonso XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade pertencente ao Khūzistān, Irán, (294.068 h [1976]). Está situada no delta común compartido por Kārūn e o Shatt al-’Arab, preto do golfo Pérsico. A illa é territorio iraniano dende 1847. Ten unha refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curtir unha pel de cordeiro ou de ovella converténdoa en badana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimentar as aves ás súas crías mediante a bicada.

    2. Dar a bicada a aquelas aves que se engordan á man.

    3. Dar a comida ás persoas que están enfermas e que non o poden facer por si soas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe bíblico de Qiryat Yearim que gardou na súa casa a Arca da Alianza durante vinte anos, ata que David a trasladou ao templo de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrancar un anaco de algo por medio dunha dentada.

    2. Pastar as ovellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘lavar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula cabalística máxica e ritual de orixe hebrea creada polo médico gnóstico Sereno Samónico no s I. Nela, os elementos gráficos dispóñense en once fileiras de xeito que se suprime sucesivamente en cada unha a última letra da anterior ata formar un triángulo. O seu emprego medrou na época medieval e adquiriu un sentido máxico chegando a empregarse como amuleto co fin de lle conferir á persoa un sentimento de protección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sorprendente en grao superlativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asir coa man ou con outro obxecto algo que se atopa a distancia ou nun lugar case inalcanzable.

    2. Chegar algo ou alguén a un punto, grao, medida, cantidade, lugar ou situación fixada de antemán.

    3. Conseguir facer realidade os de-sexos, metas ou obxectivos proxectados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prender cun lazo unha res que foxe ou deter a alguén que se escapa.

    2. Xuntar o gando disperso para levalo a outro lado ou introducilo na corte.

    3. Suxeitar cunha corda a pata dianteira dunha vaca ou doutro animal ao corno ou ao pescozo para que non escape.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade lúdica consistente en acampar ao aire libre, iniciada como deporte en Inglaterra no ano 1901 por T. H. Holding. Na actualidade a difusión do cámping de tipo turístico solapou o seu carácter deportivo orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter conservador e católico, constituída oficialmente en Ourense o 8 de novembro do 1931, nunha xuntanza celebrada no Círculo Católico da cidade por iniciativa de destacados membros da burguesía local (comerciantes, propietarios, militares retirados, etc). Tiña como obxectivo o agrupamento do movemento conservador provincial baixo unhas únicas siglas, introducíndose no recén estreado xogo democrático da Segunda República como partido eminentemente católico, social e agrario, unificador de todas as clases sociais, sen restricións económicas ou laborais. Foi o primeiro grupo de significación dereitista aparecido en Ourense, e non tivo intención de estenderse polas demais circunscricións galegas. No seu programa político defendeu a liberdade de ensino e a pervivencia do sistema bicameral, empregando o Senado como a Cámara gobernativa representativa da vella organización política, protagonista política antes da proclamación da República. Sen dúbida, o obxectivo...

    VER O DETALLE DO TERMO