"Adalberto" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do xermánico Adalberht, latinizado logo no Medievo como Adalpertus ou Adelbertus. Componse da forma adal, adhal ‘nobreza’ e o adxectivo bertht ‘claro’.
-
PERSOEIRO
Clérigo. Probablemente cóengo de Girona (947) que no 957 capitaneou o levantamento que desterrou o conde Godofredo de Besalú do seu castelo e asasinou mentres fuxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Bremen e Hamburgo (1043-1072) e legado papal (1053) en Noruega, Suecia e Dinamarca. Tentou reunir os bispados escandinavos nun patriarcado pero non conseguiu o seu propósito pola oposición de Roma. Desempeñou un importante papel político baixo Henrique III e foi titor de Henrique IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
O seu nome era Vojtéch, pero no bautismo o Bispo de Magdeburgo deulle o nome xermánico que levou despois. Naceu no seo dunha familia da nobreza eslava. Fíxose monxe, retirándose ao mosteiro de santo Bonifacio (Roma). Chegou a Bispo de Praga no 983. Tras cinco anos de apostolado infrutuoso deixou a sé para retirarse a un convento de Roma. O Papa Xoán XV encargoulle a instrución relixiosa do Rei de Hungría e máis tarde ordenoulle volver a Bohemia, onde fundou a abadía de Brevnov, preto de Praga (992). No remate da súa vida consagrouse á instrución relixiosa dos prusianos, eslavos pagáns das ribeiras do Báltico, que lle darían morte atravesándoo con sete frechas. A súa festa celébrase o 23 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marqués da Toscana (847-889). Atacou Roma para impoñer como Emperador a Carlomagno. Opúxose ao Papa Xoán VIII, quen excomungou a Adalberto, porque favorecía a Carlos o Careco.
-
PERSOEIRO
Rei de Italia (956). Reinou xunto co seu pai Berenguer II a partir do 956. No 961 foi vencido por Otón I, quen se apoderou do reino e coroouse Emperador. Morreu exiliado.
VER O DETALLE DO TERMO