Adalberto de Praga, santo

Adalberto de Praga, santo

O seu nome era Vojtéch, pero no bautismo o Bispo de Magdeburgo deulle o nome xermánico que levou despois. Naceu no seo dunha familia da nobreza eslava. Fíxose monxe, retirándose ao mosteiro de santo Bonifacio (Roma). Chegou a Bispo de Praga no 983. Tras cinco anos de apostolado infrutuoso deixou a sé para retirarse a un convento de Roma. O Papa Xoán XV encargoulle a instrución relixiosa do Rei de Hungría e máis tarde ordenoulle volver a Bohemia, onde fundou a abadía de Brevnov, preto de Praga (992). No remate da súa vida consagrouse á instrución relixiosa dos prusianos, eslavos pagáns das ribeiras do Báltico, que lle darían morte atravesándoo con sete frechas. A súa festa celébrase o 23 de abril.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Libice, Bohemia