"Aed" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 45.

  • Nome que recibía o deus do lume entre os celtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mosquitos tropicais da familia dos culícidos. A especie A. aegypti, de cor negra con manchas brancas, vive nas rexións cálidas e húmidas de África e de América meridional. Propaga o dengue e a febre amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo indíxena (populi) da Gallaecia romana, no conventus lucense, que segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba o territorio próximo a Viveiro, posiblemente sería Lambris. Debido a dúbidas e discrepancias entre os diferentes estudiosos dos populi, este pobo aparece ás veces co nome de aedos e, mesmo, bedios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta e cantor cortesán profesional da época heroica grega. Creador dos seus versos, proclamaba a fama de heroes e reis cantando os episodios da historia e da lenda acompañado dun instrumento de corda. A súa poesía, que non era popular, amalgamaba elementos líricos e épicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia e concello de Mondoñedo de 515 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e escritor alemán que ideou e publicou unha serie de guías turísticas coñecidas co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo aos baedos.

    2. Individuo do pobo baedo.

    3. Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, no convento xurídico lucense, que segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, debeu ocupar un espazo adxacente ao dos ártabros entre os ríos Mandeo e Eume e a serra da Loba. O seu nome de orixe celta recorda ao dos bedunienses do convento xurídico ástur.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que cae con facilidade ou que está a piques de caer.

    2. Aplícase ás estruturas vexetais, especialmente aos pétalos, que se desprenden facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro poeta anglosaxón coñecido. Nun principio pegureiro, ingresou no mosteiro beneditino de Whitby. Consérvase da súa obra un fragmento de nove versos dun himno. As súas poesías imprimíronse por vez primeira en 1655.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo que resulta de cortar os oito ángulos sólidos dun cubo, de maneira que resulta un poliedro con oito caras que son triángulos equiláteros e seis caras cadradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da orde das poliporais, de cogomelos semicirculares e planos, de ata 20 cm de diámetro, coa cutícula áspera e de cor crema cinsenta. O himenio aparece disposto en pequenos tubos alongados, a xeito de láminas rudimentarias, que ofrecen un aspecto labiríntico. A especie D. quercina vive sobre carballos aos que infecta; a carne ten unha consistencia coriácea, polo que non ten valor culinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao decaedro.

    2. Que ten forma de decaedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliedro de dez caras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma xeométrica de 16 caras que resulta de unir polas bases dúas pirámides octogonais. Denomínase tamén bipirámide ditetragonal. Algúns minerais cristalizan deste xeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dodecaedro.

    2. Que ten a forma dun dodecaedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poliedro de doce caras.

    2. Poliedro regular formado por doce pentágonos regulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante e fotógrafo alemán. Comezou a súa andaina no campo da fotografía como afeccionado. As súas primeiras imaxes, tomadas en Berlín, foron publicadas no Weltspiegel. Comezou como reporteiro gráfico en 1927 e realizou diversos traballos sobre Thomas Mann e a concesión do Premio Nobel. Destacan tamén os seus retratos do ser humano, en especial as imaxes de Marlene Dietrich e George Bernard Shaw. En 1936 trasladouse aos EE UU, onde traballou nas revistas Life Harper’s Bazaar e Vogue. Cubriu a invasión de Abisinia por parte do exército italiano con máis de 3.500 negativos e alí conseguiu a súa famosa imaxe dos Pés de soldado etíope. Publicou The Eye of Eisenstaedt (O ollo de Eisenstaedt, 1969), Witness to nature (O testemuño para a natureza, 1971), Panoptikum (1973) e Eisenstaedt’s Album (O álbum de Eisenstaedt, 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Cadea montañosa do centro de Uruguay que constitúe o principal núcleo orográfico do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao heptaedro.

    2. Que ten a forma dun heptaedro.

    VER O DETALLE DO TERMO