Eisenstaedt, Alfred
Comerciante e fotógrafo alemán. Comezou a súa andaina no campo da fotografía como afeccionado. As súas primeiras imaxes, tomadas en Berlín, foron publicadas no Weltspiegel. Comezou como reporteiro gráfico en 1927 e realizou diversos traballos sobre Thomas Mann e a concesión do Premio Nobel. Destacan tamén os seus retratos do ser humano, en especial as imaxes de Marlene Dietrich e George Bernard Shaw. En 1936 trasladouse aos EE UU, onde traballou nas revistas Life Harper’s Bazaar e Vogue. Cubriu a invasión de Abisinia por parte do exército italiano con máis de 3.500 negativos e alí conseguiu a súa famosa imaxe dos Pés de soldado etíope. Publicou The Eye of Eisenstaedt (O ollo de Eisenstaedt, 1969), Witness to nature (O testemuño para a natureza, 1971), Panoptikum (1973) e Eisenstaedt’s Album (O álbum de Eisenstaedt, 1976).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Dierschau -
Deceso
Lugar : Massachusetts