"Agena" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de foguetes norteamericanos que, en diferentes modelos, teñen servido de tramo superior ás lanzadeiras Thor, Atlas e Titan III A-B-C, coas que se levan posto en órbita moitos satélites americanos; tamén como segundo tramo dos foguetes Atlas no lanzamento das sondas Ranger e Mariner, e como propulsores da cápsula Gemini e do Lunar Orbiter.
-
TERRITORIOS
Territorio da Gascuña, no val do Garona, centrado na cidade de Agen. Condado dende o s IX, pertenceu aos condes de Poitiers, aos Plantagenet (1152) -que despois foron reis de Inglaterra- e aos condes de Tolosa (1196). Do ano 1259 ao 1444 foi un punto de fricción entre as coroas de Francia e Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, na beira da baía de Cartagena (170.483 h [1996]). É o centro dunha fecunda comarca agrícola, o Campo de Cartagena. O crecemento da cidade débese, en parte, ao establecemento a mediados do s XX da refinería de petróleo de Escombreras, que repercutiu na industrialización de toda a rexión. Co tempo instaláronse diversas industrias petroquímicas e metalúrxicas, e unha central térmica, xunto con empresas dedicadas á construción naval militar e á explotación das minas de chumbo e prata. O porto, de excelentes condicións naturais, ten un intenso comercio, principalmente de produtos petroquímicos; tamén é porto militar, xa que Cartagena é cabeza da Zona Marítima do Mediterráneo. Esta cidade foi fundada no 228 a C por Asdrúbal, durante a expansión cartaxinesa no SL da Península Ibérica, era un importante porto de exportación de ouro e prata. Durante a Segunda Guerra Púnica conquistouna Publio Cornelio Escipión, que a converteu en cidade romana...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Bolívar, Colombia (812.595 h [1997]). Sitúase nunha rexión de lamazais, xunto ao golfo de Darién, na baía que leva o nome da cidade. As funcións agropecuarias están en retroceso e comeza a despuntar a industria téxtil, química e petroleira, grazas ás refinerías de petróleo que posúe. É un importante centro comercial, por mor da súa situación favorable á beira dun porto natural, que dá saída aos seus produtos, en especial ao petróleo. Como centro de ensino superior localízase a Universidad de Cartagena, creada en 1827. Fundada por Pedro de Heredia en 1533 co nome de San Sebastián de Calamar, que máis tarde cambiou polo de Cartagena de Indias, foi, xunto con Santa Marta, o punto de partida das expedicións cara á zona do Pacífico. Durante o s XVII o tráfico de escravos tivo nesta cidade un dos mercados máis importantes do mar das Antillas. Ao iniciarse o proceso de independencia converteuse nun centro fundamental de difusión das ideas revolucionarias e contou desde...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e humanista. Foi cronista de Castela, preceptor do futuro Rei Enrique IV, conselleiro de Xoán II e bispo de Burgos (1435-1456). Entre as súas obras destacan: Defensorium unitatis christianae (Sobre os defensores da unidade cristiá), a favor dos conversos; Allegationes (Alegacións, 1400), Doctrinal de caballeros (1487), Rerum in Hispania gestarum chronicon (Crónica dos feitos heroicos de España) e Anacephaleosis (1545).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entrante da costa sur de Murcia, situado entre os cabos de Agua e Tiñoso. Ao fondo está a cidade de Cartagena.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Coñecido como Reinmar o Vello destacou como representante dos minnesänger, viviu en Viena e cantou ao amor, cunha lírica elegante e sutil.
VER O DETALLE DO TERMO