"Agolada" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Ferreiroa que lle dá nome ao concello de Agolada e onde se sitúa a súa capital.
-
GALICIA
Concello da comarca do Deza situado na provincia de Pontevedra no centro da comunidade autónoma (42° 45’ 54’’N - 8° 00’ 02’’ O). Limita ao N cos concellos de Santiso e Palas de Rei, ao L co concello de Antas de Ulla, ao S cos de Rodeiro e Lalín, e ao O co de Vila de Cruces. Abrangue unha superficie de 147,8 km 2 cunha poboación de 3.216 h (2007), distribuídos nas parroquias de Agra, Artoño, A Baíña, Basadre, Berredo, Borraxeiros, Brántega, Brocos, Carmoega, Eidián, Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro, Merlín, Órrea, Ramil, San Paio de Bais, Santa Comba, Sesto, O Sexo, As Trabancas, Val de Sangorza, Ventosa e Vilariño. Situado a 67 km de Santiago de Compostela e a 100 km de Pontevedra, a capital atópase no lugar de Agolada, na parroquia de Ferreiroa. Está adscrito ao partido xudicial de Lalín e á diocese de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Agolada sitúase nunha área de transición ao dominio climático oceánico de montaña. Situado nun espazo de... -
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría de carácter agrícola que se celebra na parroquia de San Lourenzo de Agolada (Coristanco) o 13 de xuño. A súa vocación é a da protección do gando, dos animais e do campesiño. Os animais son bendicidos e despois conducidos en procesión arredor da igrexa encabezada pola imaxe do santo.