"Aguascalientes" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital do estado de Aguascalientes, México, no altiplano mexicano (440.425 h [1990]). A súa altitude, 1.884 m, dálle un clima temperado que permite o cultivo de algodón e tabaco. Balnearios. Foi fundada no ano 1575.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federal de México (5.471 km2; 862.720 h [estim 1995]). Situado no altiplano mexicano, nos contrafortes de Sierra Madre Occidental. De clima temperado semiárido, a agricultura nuns solos pobres é a principal actividade. O nome provén das numerosas fontes termais que hai no seu territorio, que propiciaron a apertura de establecementos balnearios. A capital é Aguascalientes.

    VER O DETALLE DO TERMO