Aguascalientes
Aguascalientes
Estado federal de México (5.471 km2; 862.720 h [estim 1995]). Situado no altiplano mexicano, nos contrafortes de Sierra Madre Occidental. De clima temperado semiárido, a agricultura nuns solos pobres é a principal actividade. O nome provén das numerosas fontes termais que hai no seu territorio, que propiciaron a apertura de establecementos balnearios. A capital é Aguascalientes.