Aguayo e Aldemunde
Aguayo e Aldemunde
Familia de impresores composteláns formada por Buenaventura Aguayo (1747-1752), Ignacio Aguayo e Aldemunde (1759-1785), Santiago Aguayo (1765-1788) e Ignacio Aguayo (1788-1813), que herdaron a imprenta de Antonio Aldemunde. Nomeados impresores do cabido compostelán, compartiron coa familia Frayz o monopolio da imprenta en Santiago ata principios do s XIX. Produciron, entre outras, as seguintes obras: Defensa del marqués de Valladares de Álvarez Neira (1765), o Sermón de Sarmiento (1772) e imprimiron ao longo de 1813 o xornal La Estafeta.