"Ahmet I" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Sultán otomano (1603-1617), fillo de Mahmet III. Afrontou as revoltas de Anatolia e as dos drusos, que tentaron constituír un estado independente en Siria e Palestina, ocasión que aproveitou Abbãs I de Persia para conquistar os territorios otomanos do Cáucaso (1604). Promoveu a revolta húngara (1604) contra Austria, dirixida por Istvan Bocśkay, pero as súas tropas foron vencidas, e no 1606 asinou o Tratado de Zsitva-Torok. Entregou o poder ao Gran Visir Murad Paxá, que volveu impoñer a orde. A guerra contra Persia rematou cunha paz desastrosa (1612). Fixo construír (1609-1617) a Mesquita Azul de Istambul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomano (1691-1695). Accedeu ao trono coa axuda dos xenízaros. Non puido impedir a anarquía e a desintegración territorial do imperio: os turcos foron vencidos en Slankamen (1691) por Luís Guillerme de Baden; os venecianos apoderáronse da illa de Quios, e Austria e Rusia dunha gran parte do territorio otomano ao N do Danubio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomano (1703-1730). Chegou ao poder no 1718 axudado polos militares, que destronaran o seu irmán Mustafá II. Acolleu a Carlos XII de Suecia, despois de ser vencido en Poltava polo Tsar Pedro o Grande, quen fixo estourar unha guerra ruso-otomana na que o exército ruso foi derrotado no Prut (1711), e o Tsar devolveu a Turquía a cidade de Azov. Comezou unha guerra con Venecia (1714), despois de que Uxío de Savoia se apoderase de Timisoara (1716) e de Belgrado (1717). Ahmet III aceptou o Tratado de Passarowitz (1718), eliminou do goberno os militares, nomeou Gran Visir a Ibrahim Paxá e declarou a guerra a Persia (1724-1727). Durante a Época dos Tulipáns (1718-1730) tentou unha renovación cultural e económica, pero a inflación, as desordes e as vitorias persas provocaron un pronunciamento militar na capital (1730). Foi apresado e asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO