Ahmet I
Ahmet I
Sultán otomano (1603-1617), fillo de Mahmet III. Afrontou as revoltas de Anatolia e as dos drusos, que tentaron constituír un estado independente en Siria e Palestina, ocasión que aproveitou Abbãs I de Persia para conquistar os territorios otomanos do Cáucaso (1604). Promoveu a revolta húngara (1604) contra Austria, dirixida por Istvan Bocśkay, pero as súas tropas foron vencidas, e no 1606 asinou o Tratado de Zsitva-Torok. Entregou o poder ao Gran Visir Murad Paxá, que volveu impoñer a orde. A guerra contra Persia rematou cunha paz desastrosa (1612). Fixo construír (1609-1617) a Mesquita Azul de Istambul.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Manisa -
Deceso
Lugar : Istambul