"Aidi" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PERSOEIRO

    Emperador da China, da dinastía Han (ss VI a C - I d C). Ocupou o trono aos 19 anos, síntoma da relaxación moral e da dexeneración do período final dos Han.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político indonesio. Formou parte do Partido Comunista de Indonesia dende 1943. Posteriormente fundou o Movemento para a Independencia de Indonesia polo que foi detido sucesivamente polos xaponeses e os holandeses no 1945. Dende 1947 ocupou diversos cargos no Partido Comunista e no goberno presidido por Sukarno (1950-1965). Foi executado despois do golpe de estado do Xeneral Untug (1965) durante a represión dirixida polo Xeneral Suharto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficio ou dignidade de alcaide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide da areca que se presenta en forma de sólido soluble na auga, e que se funde, anhidro, a 232°C. O seu éster metílico é a arecolina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arabista. Catedrático de Grego, Hebreo e Árabe en varias universidades. Considérase o fundador da moderna escola de arabistas hispánicos. Publicou varias monografías históricas na revista Estudios Cristianos de Historia Árabe-española e libros sobre numismática, como o Tratado de numismática arábigo-española (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estereoisómero do ácido oleico, que é a forma cis-, a partir do que se obtén por acción do HNO3. Forma agullas que funden a 16,3°C. É insoluble en auga e moi soluble nos disolventes orgánicos máis habituais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster elaídico da glicerina que se obtén pola acción do ácido nitroso ou do nitrato de mercurio. Funde a 36°C e saponifícase en ácido elaídico e glicerina baixo a acción dun álcali.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador francés. Consérvanse del setenta poesías e algunha melodía, dun clasicismo convencional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Franxas de interferencia orixinadas ao incidir un feixe diverxente sobre unha película de dieléctrico. Teñen a mesma inclinación e obsérvanse en láminas transparentes de caras paralelas. Recibe o nome do seu descubridor, Wilhelm von Haidinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade que consiste en lanzarse en paracaídas con finalidade bélica ou deportiva. Como actividade deportiva apareceu tras a Segunda Guerra Mundial. Hai dous tipos de probas: a de precisión na aterraxe, en que o paracaidista demostra a súa destreza e precisión; e a de estilo, en que se efectúan diversas figuras durante o descenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa adestrada no descenso en paracaídas, especialmente o militar instruído para lanzarse dun avión e combater ao chegar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Uc de Sant-Circ.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huesca, Comunidad Autónoma de Aragón (1.672 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zaiditas.

    2. Membro dun grupo xiíta, iniciado por Zayd ibn’Alī, neto de Ḥusayn, rebelado contra a disciplina omeia en 740. A doutrina foi oficial en Sa’dah desde o s IX, e ten adeptos en Iemen.

    VER O DETALLE DO TERMO