paracaidismo

paracaidismo

(

s m [BÉL/DEP]

Actividade que consiste en lanzarse en paracaídas con finalidade bélica ou deportiva. Como actividade deportiva apareceu tras a Segunda Guerra Mundial. Hai dous tipos de probas: a de precisión na aterraxe, en que o paracaidista demostra a súa destreza e precisión; e a de estilo, en que se efectúan diversas figuras durante o descenso.

Palabras veciñas

parabrisas | Parabuteo | paracaídas | paracaidismo | paracaidista | paracantose | Paracas, cultura de