parabrisas

parabrisas

(< 2 parar + brisa)

s m [TECNOL]

Lámina de vidro, ou doutro material transparente, que vai na parte dianteira dun automóbil ou doutro vehículo, e que protexe os pasaxeiros da chuvia ou do vento sen dificultar a visibilidade do condutor. Adoita estar fabricado de xeito que, se rompe, non deixe anacos de arestas cortantes, e leva incorporado un ou dous limpadores para facilitar a visibilidade en caso de chuvia ou de neve, ademais de dispoñer dun sistema de calefacción que elimina o bafo interior e desfai o xeo que se forma sobre a superficie exterior.

Palabras veciñas

parabolicidade | parabólico -ca | paraboloide | parabrisas | Parabuteo | paracaídas | paracaidismo