paraboloide

paraboloide

(< parábola + -oide)

  1. s m [MAT]

    Superficie de segundo grao ou cuádrica que, ao ser cortada por calquera dos seus puntos por un plano adecuado, dá unha parábola.

  2. paraboloide de revolución [MAT]

    Paraboloide que xera unha parábola que xira arredor do seu eixe de simetría.

  3. paraboloide elíptico [MAT]

    Paraboloide de ecuación x 2 /a 2 + y 2 /b 2 = 2z, en que a e b son constantes. A súa intersección cun plano que conteña o eixe de simetría é unha parábola, mentres que a intersección cun plano perpendicular ao anterior dá unha elipse.

  4. paraboloide hiperbólico [MAT]

    Paraboloide de ecuación x 2 /a 2 - y 2 /b 2 = 2z, en que a e b son constantes. A súa intersección cun plano que conteña o eixe de simetría é unha parábola e a intersección cun plano perpendicular ao anterior é unha hipérbole.

Palabras veciñas

parábola | parabolicidade | parabólico -ca | paraboloide | parabrisas | Parabuteo | paracaídas