paraboloide
paraboloide
(< parábola + -oide)
-
s
m
[MAT]
Superficie de segundo grao ou cuádrica que, ao ser cortada por calquera dos seus puntos por un plano adecuado, dá unha parábola.
-
paraboloide de revolución
[MAT]
Paraboloide que xera unha parábola que xira arredor do seu eixe de simetría.
-
paraboloide elíptico
[MAT]
Paraboloide de ecuación x 2 /a 2 + y 2 /b 2 = 2z, en que a e b son constantes. A súa intersección cun plano que conteña o eixe de simetría é unha parábola, mentres que a intersección cun plano perpendicular ao anterior dá unha elipse.
-
paraboloide hiperbólico
[MAT]
Paraboloide de ecuación x 2 /a 2 - y 2 /b 2 = 2z, en que a e b son constantes. A súa intersección cun plano que conteña o eixe de simetría é unha parábola e a intersección cun plano perpendicular ao anterior é unha hipérbole.