parábola

parábola

(< lat parabŏla < gr παραβολ)

  1. s f
    1. [LIT]

      Narración alegórica, de carácter pedagóxico ou polémico, da que se deduce unha ensinanza ou unha verdade importante.

    2. [RELIX]

      Relato alegórico que pretende transmitir unha lección relixiosa ou moral. De uso corrente nos primeiros séculos da era cristiá, destacan as de Xesús Cristo pola variedade, a naturalidade e a forza persuasiva.

  2. s f [MAT]

    Curva aberta, intersección dunha superficie cónica cun plano paralelo a unha das xeratrices. Constitúe o lugar xeométrico dos puntos do plano que equidistan dun punto (o foco da parábola) e dunha recta que non contén o punto (directriz). Pódese demostrar que a gráfica de toda función polinómica de segundo grao é unha parábola.