Parablennius
Parablennius
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes óseos, da familia dos blénidos, que se caracterizan por presentar as membranas branquiais en forma de bolsa, dentes caninos nas dúas mandíbulas e aleta dorsal con radios espiñosos. A este xénero pertencen especies como P. gattorugine (demo) ou P. sanguinolentus (lorcho cheirento).