"Alacant" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CIDADES

    Cidade da Comunitat Valenciana, capital da provincia homónima [274.577 h (1996)]. Situada á beira do Mediterráneo, o seu litoral está ateigado de praias. A súa economía ten un acentuado carácter terciario, como centro administrativo e comercial da provincia e importante núcleo turístico. Malia os vestixios da Idade do Bronce e ibéricos, o núcleo actual é de orixe romana (Lucentum). Ocupada polos musulmáns, formou parte do estado autónomo cristián de Teodomiro. No período final da dominación musulmá foi integrada no Reino de Murcia. Os casteláns tomárona en 1248, ao declararse vasalo o Rei de Murcia. Durante as guerras civís do Reinado de Sancho IV, o infante Fernán de la Cerda fixo doazón de Alacant (1289) a Afonso II de Aragón a cambio de apoio militar, e así en 1304 foi incorporada ao Reino de València. Vila de realengo, na Idade Moderna, mercede ao comercio xerado polo seu porto, Alacant experimentou un proceso de auxe e expansión urbana, mantido incluso durante a crise peninsular do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Comunitat Valenciana [5.863 km2; 1.379.762 h (1996)]. A súa capital é Alacant. Outras localidades importantes son Alcoi, Benidorm, Crevillente, Elda, Elx e Orihuela. O seu litoral é un dos principais focos de turismo na Península Ibérica e os produtos da súa industria do calzado e do xoguete son moi apreciados nos mercados internacionais. A demarcación provincial ten a súa orixe na prefectura bonapartista establecida en 1810, recuperada polo goberno liberal na división provincial de 1822.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome galeguizado de Alacant.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Alacant ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural de Alacant.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (16.585 h [2001]). A principal actividade industrial é a dos mobles, pero a maioría da poboación activa dedícase ao sector dos servizos.

    VER O DETALLE DO TERMO