"Alache" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

    1. Relativo ou pertencente aos Apalaches.

    2. Forma de relevo producida despois dun longo proceso que xera, nun primeiro momento, un aplanamento das estruturas drobadas e, despois, por erosión diferencial, adquire as características que o definen: aliñacións paralelas de cristas nos materiais resistentes (cuarcitas) e depresións escavadas nos de menor resistencia (xistos). Toma o nome do cordal dos Apalaches, no L de Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordal de dobramento de América do Norte, aproximadamente paralelo ao litoral NL. Vai desde a península de Gaspé e Nova Brunsvic, no Canadá, ata as chairas do S-L de Alabama, nos EE UU (máis de 2.600 km de lonxitude e 200-300 km de anchura). O sistema montañoso pode dividirse en tres partes: A zona setentrional vai desde Terranova ata o río Hudson e inclúe as montañas de Shieckshock, de Notre-Dame, as White Mountains de Nova Hampshire e as Green Mountains de Vermont. A zona central comprende a rexión do Great Valley, os altiplanos de Allegheny de Nova York, o oeste de Pensilvania e de Virxinia e unha gran parte do Blue Ridge. A zona meridional está formada por unha grande extensión da plataforma de Piedmont. O pico máis elevado dos Apalaches é o Mitchell (2.037 m). As rochas que a compoñen son esencialmente de dous tipos: ígneas (granitos) e sedimentarias do Paleozoico, ás veces fortemente metamorforseadas por intrusións graníticas, con representación de todos os pisos dende o Cámbrico...

    VER O DETALLE DO TERMO