apalachense
apalachense
(< topónimo Apalaches)
-
adx
Relativo ou pertencente aos Apalaches.
-
relevo apalachense
[XEOG]
Forma de relevo producida despois dun longo proceso que xera, nun primeiro momento, un aplanamento das estruturas drobadas e, despois, por erosión diferencial, adquire as características que o definen: aliñacións paralelas de cristas nos materiais resistentes (cuarcitas) e depresións escavadas nos de menor resistencia (xistos). Toma o nome do cordal dos Apalaches, no L de Norteamérica.