apalachense

apalachense

(< topónimo Apalaches)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos Apalaches.

  2. relevo apalachense [XEOG]

    Forma de relevo producida despois dun longo proceso que xera, nun primeiro momento, un aplanamento das estruturas drobadas e, despois, por erosión diferencial, adquire as características que o definen: aliñacións paralelas de cristas nos materiais resistentes (cuarcitas) e depresións escavadas nos de menor resistencia (xistos). Toma o nome do cordal dos Apalaches, no L de Norteamérica.

Palabras veciñas

apaixonante | apaixonar | apalabrar | apalachense | Apalaches | apalermado -da | apalestesia