"Alberta" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Canadá (661.190 Km2; 2.847.000 h [1996]) A capital é Edmontom. O S de Alberta está constituído por rochas primarias e mesozoicas e cuberto de depósitos glaciares que forman un solo fértil ocupado por praderías altas, drenado polos ríos North Saskatchewan, Red Deer e Peace. O NL fai parte do escudo canadense, plataforma de rochas graníticas arcaicas arrasadas polos glaciares cuaternarios e con numerosos lagos (Athabasca, Claire) e ríos (Athabasca, Peace). O interior da provincia está formado por terras baixas e grandes chairas. Ocupan o O as montañas Rochosas (monte Columbia, 3.747 m), onde se atopan os parques nacionais de Jasper e de Banff. O clima é continental frío (media anual -4ºC) e as precipitacións escasas (400 mm anuais). A industria céntrase na produción de madeira dos bosques do N, nos derivados agrícolas (cereais e árbores froiteiras) e na produción de petróleo (96% do total de Canadá), gas natural e carbón. As principais cidades son Edmontom e Calgary.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente da confluencia de varios nomes preexistentes ao igual que Afonso. As formas anteriores serían Adalberto/Adelberto composto de adhal ‘nobreza’ e berth ‘claro, ilustre’ e Alberth composto de al ‘todo, moi’ e berth. A forma galega Alberte xa aparece no s XIV, aínda que posteriormente tamén se rexistra a forma Albertos que evoca un nominativo latinizado Albertus, coma Domingos, Xesús ou Paulos. Entre os santos que levan este nome, cómpre citar: Alberte o Magno ou o Grande (1206-1280), Alberte de Liexa (1116-1192), Alberte de Xerusalén (1150-1214), Alberte de Sicilia ou de Mesina (s XIII). O antropónimo masculino presenta a variante Albertos e o hipocorístico Berto.