Alberte/Alberta

Alberte/Alberta
[ONOM]

Antropónimo procedente da confluencia de varios nomes preexistentes ao igual que Afonso. As formas anteriores serían Adalberto/Adelberto composto de adhal ‘nobreza’ e berth ‘claro, ilustre’ e Alberth composto de al ‘todo, moi’ e berth. A forma galega Alberte xa aparece no s XIV, aínda que posteriormente tamén se rexistra a forma Albertos que evoca un nominativo latinizado Albertus, coma Domingos, Xesús ou Paulos. Entre os santos que levan este nome, cómpre citar: Alberte o Magno ou o Grande (1206-1280), Alberte de Liexa (1116-1192), Alberte de Xerusalén (1150-1214), Alberte de Sicilia ou de Mesina (s XIII). O antropónimo masculino presenta a variante Albertos e o hipocorístico Berto.