Alberti

Alberti

Familia florentina que nos ss XIV e XV loitou contra os Albizzi, xefes do goberno oligárquico, a causa da súa tendencia popular. Os seus membros crearon diversas compañías comerciais e bancarias. O director da máis importante, Niccolo di Iacopo degli Alberti , morto o 1377, foi nomeado confaloniero e acadou o libre acceso da navegación florentina por Porto Pisano. Fixo construír o Pazo do Paradiso. Membro desta familia foi tamén o arquitecto Leon Battista Alberti .